Saúdo do Alcalde

 

 

alcalde

Benvidos/as á web do Concello de Caldas de Reis.

Invítolles a adentrarse nela, a ollar, a informarse, xa que, desde o seu nacemento, tivo a intención de ser un escenario de comunicación, un lugar de encontro entre o Concello e os cidadáns, unha fiestra que abrimos á comunicación e aos servizos dixitais.

Ao realizar esta nova páxina revisamos e actualizamos a información e os servizos que xa prestábamos, dándolles unha organización e presentación que esperamos sexan máis homoxéneas e útiles.

Deseñamos unha páxina máis moderna, dinámica, accesible a todos os cidadáns e cunha gran cantidade de información para que quen a visite poida atopar nela todo o que busca.

A través desta páxina web queremos mostrarlle o que é Caldas de Reis hoxe: unha vila aberta, moderna, cargada de historia e de lugares de interese, un espazo para a innovación e o desenvolvemento, xa que o pobo experimentou unha profunda transformación. Caldas é un lugar encantador para o visitante e un espazo para a convivencia dos seus habitantes.

Pero este portal é, tamén, un instrumento de acceso aos servizos municipais, unha porta aberta á información e á atención aos cidadáns e ás empresas. E, por suposto, tamén atopará aquí interesantes contidos sobre a nosa historia, actividades culturais, proxectos e os servizos que, ante todo, están pensados e realizados para serlle de utilidade.

Ademais, queremos coñecer a súa opinión, comentarios, críticas e propostas. Por iso, anímolles a utilizar os mecanismos que se facilitan nesta web para facer chegar as súas inquietudes e problemas.

Grazas por visitarnos, por usar a nosa web.

 

Un cordial saúdo.

 

 

Juan Manuel Rey Rey.
Alcalde.