Axencia de Emprego e desenvolvemento Local (AEDL)


 

 

flecha Información Xeral separador

 

Contacto:

Casa do Concello . Ferrería, 1 – 1ª Planta
Telf. : 986 540110-
Fax: 986 530393



flecha Obxectivosseparador


flecha Que os cidadáns coñezan as funcións e os servizos que presta esta Axencia.

flecha Conseguir que a poboación utilice estes servizos, ofrecendo información, formación, asesoramento e acompañamento profesional.

flecha Realizar estudios socioeconómicos do Concello para coñecer as posibilidades reais en canto a emprego, formación, recursos, etc.

flecha Continuar cos contactos entre as empresas da zona, onde ofertar empregos, asesoramentos, información, etc.

flecha Conseguir a integración definitiva dentro das Administracións, con unha coordinación fluída e eficaz.

flecha Asesorar as iniciativas empresariais, dando todo tipo de información necesaria.

flecha Acompañamento e seguimento profesional daqueles proxectos postos en marcha.

flecha Promoción dos proxectos formativos Escola Obradoiro e Obradoiro de emprego, etc.

flecha Rehomologacións ou novas homologacións de cursos do plan FIP, moi implantados no noso Concello nos casos de soldadura e cerrallería artística, soldador de estructuras metálicas lixeiras, soldador de maquinas semiautomáticas Mig-Mag e tamén de Auxiliar de Axuda a Domicilio, atención a persoas dependentes, Estucado e Brillo, mecanizado de madeira, maquinista escavación, etc.

flecha Realización doutras actividades formativas tanto privadas como públicas: seminarios, cursos profesionais, formación continua, formación do persoal do Concello a través de convenios, etc.

flecha Establecemento de accións de cooperación e coordinación con diferentes Axentes ou promotores de accións de carácter socioeconómico.

flecha Promover e consolidar as accións de inserción laboral, mediante o Servicio Galego de Colocación, Orientación Laboral, Programas de Cooperación, Colaboración Social, etc. En definitiva servir de punto de información para o emprego e formación.

 

flecha Accións e actividades a desenvolver polo AEDLseparador


As accións da Axencia encamiñadas á consecución dos obxectivos establecidos, contemplan unha serie de actuacións e funcións baseadas en accións directas:

  • 1- AcciÓns de informaciÓn Á poboación: Organización de charlas divulgativas, promoción na prensa escrita, radio e televisión local das accións a desenrolar no futuro da Axencia, ademáis de impartir charlas de orientación nas aulas do Colexio Alfonso VII e Instituto, en colaboración co Orientador Laboral do Concello e nos cursos formativos que se desenvolvan no Concello, caso dos cursos do plan FIP, Servicio galego de Igualdade, etc.
  • 2- AcciÓns de formaciÓn: Xestión, seguimento e coordinación de cursos do plan FIP. Rehomologacións ou novas homologación de cursos formativos do plan FIP. Organización de seminarios ou cursos sobre, medio ambiente, asistencia a domicilio, manipulador de alimentos, Lingua galega en colaboración co Concello de Portas e outros de xestión propia, docente nos cursos o plan FIP, nas áreas de Sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, e técnicas de busca de emprego.
  • 3- AcciÓns de mellora para o acceso o mercado laboral: Xestión coordinada con Orientación Laboral do Servicio Galego de Colocación. Convenios de colaboración coas empresas de traballo temporal (sobre todo ADER RRHH e ADECCO, NORTEMPO, coas que levamos anos en contacto).
  • 4- DeseÑo e xestiÓn de novos proxectos sobre formaciÓn-emprego: a través de programas comunitarios ou autonómicos (minusválidos, cooperación, Leader + e Equal para formación de colectivos desfavorecidos).
  • 5- AcciÓns para a creaciÓn de empresas:
        • flecha Realización dun mapa de recursos socioeconómicos
          flecha Prospección de novos xacementos de emprego
          flecha Promoción da creación de novas empresas ou cooperativas.
          flecha Fomento do autoemprego.
          flecha Implantación das Políticas Activas de Emprego.
          flecha Deseño e organización de seminarios ou charlas para emprendedores ou empresarios do Concello.
          flecha Asesoramento  a futuras empresas ou emprendedores.
        • flecha Acompañamento profesional dos novos emprendedores.
        • flecha Seguimento das accións desenvolvidas no ano anterior en canto a formación de empresas.
          flecha Seguimento das accións desenvolvidas no ano anterior en canto a formación de empresas.
        • flecha Mantemento da relación e contactos coas empresas da zona.
          flecha Asesoramento sobre vías de financiamento das novas empresas (axudas públicas, subvencións, reducción tipos de xuros, etc).
  • 6-XestiÓn e coordinaciÓn das actuaciÓns na Tafona:

  • A Tafona estase convertendo no motor económico de Caldas de Reis despois de anos de obras e negociacións, o papel do Técnico será clave neste efecto socioeconómico, en accións de coordinación, xestión de proxectos, etc, na actualidade estase na fase de reunións coa Asociación de Comerciantes para consensuarl as actuacións necesarias e o formato que pode ter o futuro núcleo comercial. Seguimento e control do conxunto das accións: Consistirá nunha avaliación das accións desenvolvidas así como dos proxectos de colaboración con outros departamentos do Concello, análise dos obxectivos acadados en canto a formación, creación de empresas, reducción das taxas de paro, etc.

 

  • 7-Seguimento e control do conxunto das acciÓns:

  • Consistirá nunha avaliación das accións desenvolvidas así como dos proxectos de colaboración con outros departamentos do Concello, análise dos obxectivos acadados en canto a formación, creación de empresas, reducción das taxas de paro, etc.

 

 

flecha Actividade desenvolta polo axente de empregoseparador


flecha Campaña de divulgación e información das funcións da Axencia, en medios como prensa e  radio, de forma que hoxe en día no Concello o Axente e unha persoa coñecida e todos coñecen as súas funcións.

flecha Establecemento de contactos e relación continuas con empresas de diferentes sectores, que buscan na Axencia información e  asesoramento, ou simplemente para darlles información sobre cursos formativos, información sobre os programas europeos, etc.

flecha Deseño e elaboración dos proxectos de formación do Obradoiro de Emprego en colaboración coa UPD da Mancomunidade Ulla Umia.

flecha Deseño, coordinación e posta en marcha doutras actividades de formación: Cursos de lingua galega (un curso en colaboración co Concello de Portas e outros dous de xestión directa), manipulador de alimentos (un curso en colaboración co Concello de Portas) e outros seminarios.

flecha Participación en seminarios da propia Consellería, FEMP, Mancomunidade de Ulla-Umia e Asociación de Desenvolvemento Rural Ulla Umia (ADR).

flecha Participación como conferenciante en diversos cursos e seminarios sobre formación, sensibilización ambiental, xestión empresarial, etc nos colexios públicos de Caldas Alfonso VII e no Instituto, Academia Minerva, Academia FESAN, etc.

flecha Coordinación co Servicio Galego de Colocación, e o Servicio de Información e Orientación Profesional.

flecha Coordinación dos cursos do Plan FIP deste Concello: Cerralleiro Artístico, coa impartición das materias de Técnicas de Busca de emprego e Sensibilización ambiental, Prevención de Riscos.

flecha Organización de xornadas  e cursos sobre Prevención de riscos laborais e encargado de obras, preescolar na casa, etc.

flecha Asesoramento sobre a redacción de cartas de presentación, curriculums vitae, entrevistas de traballo, preparación de entrevistas de traballo, etc.

flecha Establecemento e contactos permanentes coas empresas de traballo temporal que podan ofertar traballo no Concello ou na Comarca.

flecha Información sobre as ofertas de traballo do Servicio Galego de Colocación, e outros medios.

flecha Asesoramento para a creación de empresas.

flecha Implantación das Políticas Activas de Emprego. Con todos eles fíxose unha labor de asesoramento, acompañamento profesional, información sobre financiamento, etc.

flecha Asesoramento e información sobre subvencións, cursos de formación, etc.

flecha Redacción de memorias e subvencións de diversas clases, como exemplo as da Asociación de Comerciantes de Caldas e outras relativas a subvencións para o programa europeo Leader +.

flecha Participación como Titor e membro do Tribunal para o acceso ás prazas do noso Concello e noutros como Dodro, Illa de Arousa, Cuntis, Portas, Catoira, etc.

flecha Participación como membro da Xerencia dos Programa Europeos Leader +, e Equal Mevel.


 

flecha Peticións de información e asesoramentoseparador


EMPREGO

Como case sempre as persoas que se dirixen a axencia buscan a información sobre os aspectos que antes reseñamos, e dicir, información sobre posibles traballos, información sobre ofertas determinadas de traballo, consulta das revistas de Teleemprego, boletín mozo, cuestións sobre preparación de entrevistas de traballo, empresas, curriculum vitae, etc, entre as máis solicitadas están a información e a recollida de curriculums. O número total de persoas atendidas durante o ano, varía en función dos meses cunha subida máis forte nos últimos meses do ano, debido fundamentalmente á incorporación da Orientadora Laboral, e ó aumento do paro, contactouse de forma continua con empresas, empresas de taballo temporal, axencias de emprego doutros Concellos, oficinas de emprego en varias localidades, consultas en varias páxinas web adicadas ás ofertas de emprego, e un largo etcétera. Das persoas que temos datos por que dunha ou doutra forma teñen ficha como demandante de asesoramentos podemos citar que as consultan están en torno ás 50 persoas aproximadamente, e un total aproximado de 300 demandantes no total do ano, aínda que esta cifra é difícil de concretar, por que hai xestións que se fan por teléfono ou mesmo por correo electrónico. Neste ano seleccionáronse un total de 45 traballadores para cubrir postos nas diferentes ofertas directas ou indirectas tramitadas dende esta axencia.

Tamén se fixo a selección dos alumnos dos cursos do Plan FIP de “Soldador  de estructuras metálicas lixeiras”, así como os docentes por oferta pública para todos estes cursos. Por outra banda este técnico colaborou de maneira activa na organización, posta en marcha, seguimento, selección de alumnos/as dos cursos doutras empresas de formación que mediante convenio coa Xunta de Galicia fixeron os cursos de “enerxía renovables”, “Axuda a persoas dependentes”, “maquinista máquina retroexcavadora”. E importante subliñar que a axencia responde a un grande número de peticións de ofertas e demandas de emprego, para empresas de diferentes sectores e incluso ETT,s, que non se poden cuantificar porque corresponden á xestión indirecta proporcionada ó empresario e que despois ás veces non podemos controlar o número de preseleccionados ou contratados, de todas formas dende a Axencia facemos un seguimento exhaustivo dos demandantes remitidos a ditas ofertas.

O técnico informa sobre:

flecha Selección de persoal para empresas que veñen a nosa oficina ou para ofertas a través de empresas de traballo temporal (xestionadas un total de 55 ofertas de traballo directo con entrevistas dos empresarios dende a axencia. Outras 35 aproximadamente xestionadas a través de empresas de traballo temporal (tales con Ader rr.hh. ou Adecco, Select Vigo, Manpower, etc).

flecha Ofertas de emprego a nivel xeral e particularmente as das revistas de mozo, boletín mozo, e as do Servizo Galego de Colocación publicadas nos medios de prensa, ás xestionadas directamente dende o propia axencia como centro colaborador, que ascenden a un total de 55 tramitacións de ofertas de emprego das que 25 eran homes e 30 mulleres, tendo un total de 40 interesados nas ofertas, ós que se lle xestionou o envío do seu CV, preparación de entrevista e seguimento posterior da oferta de traballo.

flecha Información sobre cursos do plan FIP, Escolas e Obradoiros de Emprego, tanto do propio Concello como dos Concellos de Portas ou Valga, Barro, etc., cun total de 60 peticións de información.

flecha Información xeral sobre outros cursos dentro da comarca (axudas a enfermos de Alzheimer, talleres de memoria, Deputación, Agricultura, Segai, etc), o número de informados ascende aproximadamente a 65, dos que 25 eran Inmigrantes que fixeron dous cursos de técnicas de búsqueda de emprego.

flecha Información sobre subvencións (Consellería de Cultura, Industria e Traballo, proxectos europeos, ...), sen cuantificar.

flecha Neste apartado tamén se recolleron fichas de petición de información e asesoramento, que se recollen no anexo correspondente, ademáis doutras que non foron rexistradas por ser atendidas telefonicamente e de forma inmediata, aínda que este tipo de peticións son moi altas en canto a número, non quedan rexistrados como asesoramentos.

 

AXUDAS

Dentro deste apartado a axencia ofrece información xeral sobre calquera tipo de subvencións e axudas dos diferentes organismos dende as Consellerías como as dos créditos subvencionados a través do IGAPE (microcréditos), créditos ICO e outros, pero sempre facendo fincapé nas subvencións relacionadas coas “Políticas Activas de Emprego”, na súa totalidade. O normal e que a petición de información sexa:

flecha Axudas para a creación de empresas: trámites, etc.

flecha Axudas relacionadas coa creación de empresas e a súa aplicación ás Políticas activas de Emprego.

flecha Rehabilitación/reconstrucción de vivendas no rural, facilitando información e dirixíndoos o aparellador municipal.

flecha Axudas para a creación de empresas de orixe turísticas, termais, valorización de productos artesanais e do territorio, a través do Programa Leader +, etc.