ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


 

 

flecha Información Xeral separador


 

Contacto:


Localizacion: COLEXIO PÚBLICO, ALFONSO VII, RÚA  - JOSE SALGADO
Telf.: 609 864 654

HistorIa:

A Escola Municipal de Música de Caldas de Reis (EMMCR) funciona de forma autónoma dependendo da Consellería de Cultura do Concello de Caldas de Reis, dende o curso académico 1995-1996.
Está inscrita no rexistro de escolas de Música da Concellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dende frebreiro do ano 1996 .

Obxetivo principal:

"Fomentar dun xeito vivo e próximo, a práctica e o disfrute da actividade musicala través de Plans de estudio flexiblesn e abertos aos intererses dos propios alumnos, sindiscriminación de idade nin de condicion especial."

Aspectos principais:

- Avaliación "a carta" : formación musical a través de deseños curriculares diferenciados e uniforme
- Avaliación continua e discontinua
- Metódoloxia dirixida a ensinanza individual e colectiva
- Contemplar tódolos estilos e manfestacións musicais posibles
- Educación dirixida a toda a poboación

 

flecha Especialidades da EMMCR separador


LINGUAXE MUSICAL
EDUCACIÓN VOCAL E AUDITIVA
MÚSICA E MOVEMENTO
MÚSICA PARA ADULTOS
CONXUNTO INSTRUMENTAL
AGRUPACIÓN DE GUITARRAS
BANDA DE MÚSICA XUVENIL
MÚSICA DE CÁMARA

flecha Instrumentos:
PIANO- GUITARRA - VIOLÍN - PERCUSIÓN - TROMPETA -TROMPA - TROMBÓN BOMBARDINO – TUBA - SAXOFÓN - CLARINETE

flecha Documentacion:

pdfListado de mestes da EMMCR

 

flecha Banda de Música Municipal de Caldas de Reis separador


Banda de musica municpal de caldas de reis

flecha Historia:

Esta formación bandística é moi nova. A estrea oficial desta Banda ocorreu a mediados de Agosto do ano 2005, coincidindo co día grande das Festas de Agosto desta Vila.
Actualmente forman a Banda máis de sesenta músicos dende idades moi novas, a gran maioría alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal e do Conservatorio.
Foi xustamente a existencia da E. de M. M., con máis de quince anos de existencia e na que se iniciaron numerosos músicos a que rematou de conformar a idea da creación dunha banda de música propia.
A estructuración da B.M. de Caldas foi obra de Dona Milagros Valiño Ferreiro –Mila- e dende a súa creación foi a Directora Titular da mesma. Co fin de facilitar as actividades da Banda de Música, no comezo do 2006 creouse a Asociación Cultural MARIÑOLEIRA, asociación constituída por pais e nais de músicos, músicos e outras persoas alleas que sen formar parte da Banda, axudan ao mantemento da mesma. Esta Asociación ten como obxectivo sobranceiro a promoción da Banda de Música desta Vila de Caldas de Reis, así como a programación de actividades relacionadas co entorno musical da mesma e coa actividade musical en xeral.

A mediados do 2007, faise cargo da Dirección da Banda de Música de Caldas, D. Daniel Portas González.
Baixo a súa batuta e neste mesmo ano, a Banda participa por primeira vez no VII Certame de Bandas que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra, acadando o Segundo Premio na categoría da Sección Terceira. En Xullo do 2008 participou no Certame Internacional de Bandas de Música Cidade de Valencia, onde acadou unha Mención Especial.
No 2009 obtivo un Segundo Premio no Certame Comarcal de B.M. de Valga. E en agosto deste mesmo ano participa no Festival de B. de Aranda de Douro, obtendo unha Mención Especial. Tamén, en outubro do 2009 participa no Certame de Bandas de Música organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. En novembro deste mesmo ano participou no III Certame Galego de Bandas de Música, en Santiago de Compostela. No ano 2010, participa no IV Certame Autonómico, na Sección Especial, obtendo o 2º Premio.

flecha Actividades que promove:

- Celebración dunha Xuntanza de Bandas de música anual.
- Participación na celebración das Letras Galegas e da Patrona dos músicos, Sta. Cecilia, en colaboración con outras agrupacións musicais.
- Participación en diversos Certames de Bandas de música.
- Colaboración co Concello nas festas e noutras celebracións oficiais.
- Participación no Entroido e no Enterro da Sardiña que se celebra no Concello de Caldas.
- Promoción das saídas da Banda por distintas parroquias do Concello e da comarca.
- Celebración da Semana da Música de Caldas, coa colaboración do Concello e Deputación.

flecha Documentacion:

pdfMemoria Actividades 2011

pdf"Certame internacional de bandas de Música, Ciudad de Valencia 2011"

pdfNota curricular do director D. Daniel Portas González

 

flecha Fotografíasseparador


Banda de música Municipal de Caldas de Reis
Banda de música Municipal de Caldas de Reis

Banda de música Municipal

Banda de música Municipal

Banda de música
 

Banda de música Municipal