As parroquias de Caldas de Reis

 

suxerencias




 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

separadorflecha Caldas de Reis

(Santo Tomé)

nº habitantes: 4.571

Lugares:

Sta Maria de Caldas de ReisSanto Tomé

 

 

 

ConstruciÓns e lugares destacados:

Ponte sobre o rio Bermaña

frecha A ponte romana sobre o río Bermaña

Ponte de tres arcos de medio punto, pretil de pedra e entrantes para os viandantes, todavía conserva restos do pavimento antigo.

 

Parque xardín

frecha O parque xardín .

O parque xardín data do ano 1883 .
A súa coexistencia coa carballeira e o río Umia configuran un recinto urbán de gran beleza.

pdfAmpliar información

Sto. Tomás

frecha Igrexa de Sto. Tomé:

Foi construída no ano 1890 por suscrición popular, erguida coas pedras da antiga Torre de Dona Urraca, conservando dúas ventás moito máis antigas que o resto do conxunto.
O templo está adicado a Santo Tomás de Canterbury quen realizou unha visita á vila no século XII, no seu paso como peregrino cara a Santiago de Compostela.

Festas:

frecha San Xoán. Celébrase a mediados de xuño no Campo da Torre en Caldas de Reis. No San Xoán pínganse as sardiñas en pan de millo, acompañadas con viño do país.
frecha San Roque. Celébrase do 14 ó 16 de agosto en Caldas. A súa orixe está nunha peste que diezmou á poboación da zona no século XII, e dende entón agradéceselle ó santo a súa intercesión.
frecha O Entroido. Conta cunha gran aceptación dentro e fóra do límite comarcal.
frecha O Corpus. Celébrase a primeiros de xuño no centro urbano.
frecha Festival Cultura Quente. A primeira quincena de xullo preséntase o festival interxeracional con grandes concertos para os xoves, a mostra do viño ou Kaldarte con instalacións artísticas no espazo público.

 

 

 

 

 

separadorflecha Santa María

(Santa María)

nº habitantes: 430

Lugares:

Sta Maria de Caldas de ReisA Curuxal | Eirín | O Pazo | O Somonte | Os Barreiros | Os Castaños | Segade de Abaixo | Tivo

 

 

 

 

 

 

ConstrucciÓns e lugares destacados:

Sta. María

frecha Igrexa de Sta. Maria

É un importante expoñente do arte medieval do século XII, motivada polo pulo de Santiago na coroa de Castela e León e polas rutas das peregrinacións.
Do seu interior destacan os restos dun retablo gótico, mentres que o exterior aínda conserva a estructura románica.


 

Sta. MaríaConsérvase a súa ábsida, rematado en testeiro plano con contrafortes laterais, e modillóns historiados na cabeceira. A porta occidental, está debaixo dun pórtico moderno que soporta un campanario barroco. Trátase dunha portada de dúas arquivoltas de medio punto e tímpano historiado sobre parellas de columnas. A destacar o AGNUS DEI no cumio do ábside.

 

 

Festas:

frecha Virxe do Carme. Celébrase a mediados de xullo en Santa María.


 

 




separadorflecha Arcos da Condesa

(Santa Mariña)

nº habitantes: 426

Lugares:

Arcos da CondesaA Arosa | Badoucos | Ceboleira | Foxacos | Marán | O Ameal | Penalta | San Martiño | Valsordo

Escudo Arcos Condesa

Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

Taller de campás de Badoucos

 

 


ConstruciÓns e lugares destacados:

 

Entidade Local menor de Arcosfrecha Entidade local menor de Arcos da Codesa
San Martiño. Arcos da Condesa.
Caldas de Reis
Tfno: 986540222
Recoñecida como Entidade Local Menor por Decreto de 18 de xaneiro de 1946



 

Igrexa parroquial de Arcosfrecha Igrexa Parroquial de Arcos da Condesa

 

 

 

 

Festas:

frecha Santa Lucía: o 13 de decembro no Ameal.
frecha Festas Patronais: en xullo

 

 

 

 


separadorflecha Santo André de Cesar

(Santo André)

nº habitantes: 654

Lugares:

San Andrés de CesarA Baxe | A Requeixada | Aboi | Nodar | O Aguiuncho | Paradivas | Reirís | Segade de Arriba

 

 

 

 

 



ConstruciÓns e lugares destacados:

 

Igrexa de santo André de Cesarfrecha Igrexa de Santo André de Cesar
De orixe románica, século XII e reformada no século XVIII en estilo barroco.
Un semitambor de sillería con catro columnas que xeran cinco paños con dous amplos ventanais nos dous centrais. As cabeceiras das columnas están figuradas, e teñen modillóns historiados.

 

Fervenza de Segadefrecha Fervenza en Segade.
A carón da rúa que vai a Cuntis.
Aos seus pés hai restos dunha antiga instalación hidroeléctrica, coñecida como a " fabrica da luz".
Un acondionado "paseo", discurre a carón do rio Umia

 

 


Ponte de Segade frecha Ponte Romana de A Baxe, do século I, de un so arco, en Segade, a dous kilometros de Caldas, pola que pasaba a vía interior que ía dende Tui a Caldas. Os restos desta vía son perfectamente visibles na calzada que vai ao lugar. Esta ponte foi profundamente remodelada, no ano 1729, polo párroco do lugar. (Esa data está no cruceiro que estaba ao pe da ponte no momento da súa remodelación, e que logo foi levado para o atrio da igrexa de San andrés).

 

Festas:

frecha Sacramento: a mediados de xuño en lugares diferentes da parroquia cada ano.
frecha San Antonio: mediados de xuño en Reirís.
frecha Pena de Auga: principio de xullo no lugar de Nodar.
frecha San Roque: o 16 de agosto en Paradivas.
frecha San Andrés: o 30 de novembro en San Andrés.

 

 

 

 

 


separadorflecha San Clemente de Cesar

(San Clemente)

nº habitantes: 847

Lugares:

San ClementeBaltar | Campelo | Cesar | Cesariños | Souto | Asar | Faramontáns | A Igrexa | Casaldrago | As Ribocias


ConstrucciÓns e lugares destacados:

 

Igrexa de San Clementefrecha Igrexa Parroquial de San Clemente

 

 

 

 

 

 

 

Capela de Sta Ritafrecha Capela de Santa. Rita

 

 

 

 

 

 

FIestas:

frecha San Blas: o día 3 de febreiro en Cesar.
frecha Santa Rita: Celébrase a mediados de maio en Campelo.
frecha San Antonio: o 13 de xuño no lugar de Cesariños.
frecha Sacramento: último domingo de agosto no lugar de Ribocias.
frecha San Roque: en setembro no lugar de Campelo.
frecha Virxe de Fátima: mediados de outubro en Ribocias.
frecha San Clemente: 23, 24 e 25 de novembro no lugar de Igrexa.


 

 

 

 


separadorflecha Carracedo

(Santa Mariña)

nº habitantes: 810

Lugares:

CarracedoA Peroxa | As Cortiñas | Casalderrique | Fieitoso | O Campo | O Cope | O Cruceiro | O Gorgullón | O Outeiro

 

 

 

 

 

 

 

ConstrucciÓNs e lugares destacados:

 

Igrexa de Santa Mariña e Carracedo frecha Igrexa de Santa Mariña de Carracedo

 

 

 

 

 

Festas:

frecha San Benito: mediados de xullo no lugar de Campo.
frecha Virxe do Carme: o 16 de xullo no lugar de Fieitoso.
frecha San Eleuterio: o 5 de xuño en Casalderrique.
frecha Santa Mariña: o 18 de xullo na Carballeira da Igrexa.
frecha San Roque: en Gorgullón.

 

 

 

 

 


separadorflecha Bemil

(Santa María)

nº habitantes: 845

Lugares:

Bemil

A Canle | A Lavandeira | As Veigas de Almorzar | Follente | Outeiro | Paradela

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ConstrucciÓns e lugares destacados:

Igrexa de Santa María de Bemil. frecha Igrexa de Santa María de Bemil.
Igrexa de orixe románico, da que se conserva o rosetón da fachada occidental , un tramo do muro sur e o ábside semicircular de gran pureza.
Os muros ( reconstruidos) conservan os "canecillos" románicos .
A torre-campanario é barroca.



 

 

Festas:

frecha San Xusto: derradeiro domingo de agosto en Outeiro.
frecha Virxe do Dolores: mediados de setembro en Follente.
frecha Bo Consello: inicios de maio en Bemil.
frecha San Lorenzo: principio de agosto en Bemil.
frecha Santa Lucía: no mes de decembro en Bemil.

 

 

 

 


separadorflecha Saiar (www.saiar.org)

(Santo Estevo)

nº habitantes: 892

Lugares:

Saiar

A Gándara | A Igrexa | Arretén | Calvelos | Cardín | Casal do Mato | Gundiñáns | O Carballal | O Pazo | Paraimas | Saiar | Sequeiros | Soutelo de Abaixo | Sequeiros de Arriba

 

 

 

 

 

 

 

ConstrucciÓns e lugares destacados:

Santo Estevo de Saiar frecha Igrexa de San Estebo de Saiar
De orixe románica datada no século XII, moi transformada, sobre todo na cabeceira, que foi sustituida completamente. Conservase o corpo da nave e as dúas portadas.

 

 

 

 

 

santo Estevo de SaiarAs portas (Fotografía), están profusamante decoradas, teñen o tímpano rebaixado de forma semicircular, e contan con dúas parellas de columnas con capiteis vexetais con volutas.
A outra portada da igrexa e ainda máis sinxela, cunha única arquivolta sobre un so par de columnas.

 

 

 

 

 

A Laxe dos Bolos frecha "A Laxe dos Bolos"
Antonio de la Peña no ano 1999 publicou o calco dos moitos debuxos existentes na "Laxe dos Bolos"unha gran pedra da ladeira Este do Monte Xiabre, en Caldas de Reis

 

 

 

Festas:

frecha Perpetuo Socorro: a finais de xuño en Cardín.
frecha A Nosa Señora das Neves: a primeiros de agosto en Sequeiros e Saiar.
frecha Sacramento: finais de agosto polas diversas parroquias.
frecha Santo Cristo: mediados de setembro, no lugar de Igrexa.
frecha Virxe de Fátima: mediados de outubro no Pazo.

 

 

 

 


separadorflecha Godos

(Santa María)

nº habitantes: 597

Lugares:

Godos

A Revolta | A Riba | Calcote | Currás | O Coto de Abaixo | O Coto de Arriba | O Cruceiro de Santiago | O Morido | O Reguengo | Santa Catalina

 

 

 

 

 

 

 


ConstrucciÓns e lugares destacados:

Santa María de Godos frecha Igrexa de Santa María de Godos

 

 

 

Festas:

frecha A Nosa Señora: finais de agosto no lugar de Reguengo.
frecha Santo Cristo: mediados de setembro na Igrexa.