Os campaneiros de Badoucos
Dende 1630 funciona en Arcos da Condesa, un taller de fundición de campás e metais finos a cargo dos "Hermanos Ocampo".
Este taller escomenzou no devandito ano no lugar de Ameal, fundando por D. Felipe Blanco Ocampo.
En 1886 D. Melchor Ocampo trasladou o taller ó lugar de Badoucos, sucedendo a éste D. Juan Ocampo que faleceu en 1954, pai dos actuais propietarios.
Na parroquia son coñecidos como "os campaneiros" (6 irmáns). Todos colaboran pero a dirección e xestión lévana Laureano e Manuel, aínda que a parte artesán propiamente dita corre a cargo de D. Enrique López.
O proceso de elaboración das campás, sigue sendo o mesmo dende os seus inicios, empregando como materias primas: o barro, a leña, o bronce ( cunha aliaxe moi específica que ven de Cataluña).
O máis complicado do proceso é, a elaboración dos moldes. Trátase de tres moldes de barro superpostos, dos que se eliminará a parte intermedia, facendo encaixar os outros, entre os quse introducirá o metal fundido.
Os moldes entérranse baixo terra, e fanse uns regueiros, polos que circula o metal fundido, que se introduce dentro do molde , por un orificio que queda aberto.
Os pesos das campás oscilan entre os 150 e os 2.000 Kg.
Videos realizados no Obradoiro Antonio Fraguas, do CPI Alfonso VII
Video 1 |
Video 1 |
Video 3 | Video 4 |
video 5 | |