Departamento de medio ambiente




 

flecha Información Xeral separador


Contacto:

Teléfono/fax: 986 540 002

flecha Obxetivo separador


O DEPARTAMENTO DE MEDIO AMBIENTE deste Concello e o que xestiona este servizo.
O concello é o organismo encargado de xestionar os servicios de limpeza e recollida do lixo, con tódalas connotacións que elo conleva, esto ven establecido pola Constitución Española de 1978, Lei 7/1985, Reguladora de Bases de Rexime Local e Lei 10/1988 de 21 de abril, de Residuos.

 

flecha Servizos que se prestan separador


pdf Carta de Servizos

LIMPEZA VIARIA

- Limpeza viaria manual e mecánica de tódalas rúas, e urbanizacións do casco urbano; e vaciado das papeleiras.
- Baldeo 1 día/semana da zona antiga (excepto en situacións de forza maior).
- Baldeo das vías públicas.
- Limpeza viaria en domingos e festivos das zonas máis concurridas.
- Recollida porta a porta do papel-cartón dos establecementos comerciais do casco urbano.



RECOLLIDA DE RESIDUOS

- Recollida de residuos urbanos en tódolos domicilios do casco urbano, seis días da semana.
- Recollida de residuos urbanos nas oito parroquias do rural unha vez por semana en cada unha delas.
- Recollidas selectivas de: vidro cada 15 días, papel-cartón cada 7 días, envases lixeiros (bricks, plásticos e latas) casco urbano 1 día semana, rural cada 15 días, roupa usada, recollida semanalmente, pilas usadas cada 3 meses, aceites de fritiduras procedentes de domicilios, cando solicitan os veciños que se lles recollan as garrafas.
- Recollida de mobles e enseres a domicilio en todo o municipio, o segundo e cuarto venres de cada mes.

 

OUTROS SERVIZOS QUE SE PRESTAN

- Limpeza do patio escolar do C.P.I. ALFONSO VII, durante 3 días á semana.
- Vaciado de papeleiras en zonas de esparcemento, fora do casco urbano.
- Mantemento reparación e limpeza do mobiliario urbano dos Servicios de: Limpeza, Recollida de Residuos Urbanos e distintas Recollidas Selectivas.
- Instalación de novo mobiliario urbano dos Servizos de: Limpeza, Recollida de Residuos Urbanos e distintas Recollidas Selectivas.
- Mantemento da rede de alcantarillado, tanto no casco urbano coma no rural, así como das depuradoras do rural.

 

MATERIAL DE QUE SE DISPÓN PARA A PRESTACIÓN DOS DISTINTOS SERVIZOS

- 2 Camións de recollida de lixo, destiñados á recollida do lixo no casco urbano e no rural.
- 1 Camión de caixa pechada e plataforma elevadora adicado á recollida de voluminosos, e tamén para outro tipo de tarefas tales como transporte de colectores de lixo, etc…
- 1 Máquina barredora-aspiradora, adicada a limpeza das rúas e diferentes zonas do concello.
- 8 Carros de limpeza viaria perfectamente equipados.
- 1 Furgoneta para inspección e desprazamento de persoal.
- 1 Máquina fregadora para a limpeza do Mercado Municipal de Abastos.

 

camion lixo
barredora

Camión de recollida de lixo

Máquina barredora-aspiradora