Biblioteca
"Padre Manuel Martínez Ferro"
A Biblioteca Municipal de Caldas de Reis é de acceso libre e gratuito. O seu principal obxectivo é atender as necesidades de formación, información e ocio de todos os veciños. Fundada en 1953 foi obxecto dunha importante rehabilitación e ampliación no ano 2003.
Horarios
De luns a venres: 10.00h. a 13.30 / 17.00h. a 20.00h. Sábados: 10.30h.a 13.00h.
Verán: De luns a venres: 9.00h. a 14.00h.
Consulta en sala
Dispoñemos dunha ampla colección de materiais (libros, revistas, audiovisuais, etc) a maioría dos cales están en acceso directo. Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falla carné de lector.
A sección infantil está na pranta baixa. Os libros están ordenados por cores que se corresponden cos grupos de idades: Vermello (0 a 5 anos), Azul (6 a 8 anos), Verde (9 a 11 anos), NX (12 anos en diante).
PrÉstamo
É un servizo gratuito para o cal se precisa o carné de lector.
¿Cantos documentos poderei levar?... Podes ter na casa como máximo tres unidades.
¿Por canto tempo? ...15 días os libros e revistas e 7 días o material audiovisual.
Pódese prorrogar o prazo do préstamo. ...Solicitao persoal ou telefonicamente antes de que
remate o prazo do mesmo.
Posibilidade de reservar material que che interese.
InformaciÓn e Referencia
Pretendemos solventar as dúbidas dos usuarios sobre calquera tema, estudios, ocio, etc servíndonos de todo tipo de recursos estén ou non no centro.
Tamén daremos información relacionada co funcionamento e uso dos servizos e recursos da Biblioteca.
Servizo de Reprografía
Dispoñemos de fotocopiadora para a reproducción de documentos da biblioteca. A Biblioteca Municipal está sometida á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.
Actualmente o prezo por copia é de 5 céntimos de euro.
Hemeroteca
Poñemos a disposición dos usuarios:
Prensa diaria :
La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, El Mundo, El Correo Gallego, ABC, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra
Revistas:
Muy Interesante, Tiempo de Hoy, Labores del Hogar, Historia (National Geographic), Casa al día, Ser padres.
Videoteca e Fonoteca
A Biblioteca dispón de 3 reproductores de DVD e 1 reproductor VHS.
Tamén conta con cinco reproductores de audio.
Os usuarios poderán ver unha película ou escoitar un CD nunha sala destinada a este fin
Internet
Na Biblioteca Municipal os usuarios contan con 5 ordenadores con acceso a Internet e equipados con ferramentas de traballo tales como procesadores de texto e follas de cálculo, unha impresora e un escáner para uso dos usuarios.
Proporcionamos conexión WI-FI en todo o edificio da Biblioteca para así poder acceder a Internet dende o seu portátil.
Os rapaces menores de 14 anos deberan estar acompañados dun adulto.
O tempo mínimo é de 30 minutos.
O servizo é gratuito excepto as impresións.
Tarifa por impresión en branco e negro: 0.10 céntimos
Tarifa por impresión en cor: 0.15 céntimos
As impresións en cor con imaxes que superan máis do 50% da superficie custan 0.40 céntimos
Fondo local
Nesta sección recollemos todo tipo de publicacións relacionadas co noso entorno, xa sexa a través dos contidos ou porque son obras escritas por caldenses ou xente que garda algunha relación connosco.
Os materiais pertencentes ó fondo local están excluídos do préstamo a domicilio. Para enriquecer este fondo precisamos contar con vos: fotografías, prensa antiga, etc todo aquelo do que teñades noticia e poida ser interesante.
A Biblioteca encargarase de facerlle copia ós documentos e posteriormente devolvelos ó seu dono.
Fotocopia da sección local da prensa. Colabora para ampliar o FONDO LOCAL !!
O catálogo en liña axúdalle a coñecer os fondos que pode atopar na biblioteca, a súa localización na mesma e si están dispoñibles.
Esta ferramenta atópase aloxada na Web da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia.
Debes ter en conta que unha pequena parte do noso fondo non se pode consultar de forma automatizada xa que estamos en proceso de reconversión.
Se queres consultar o catálogo da biblioteca prema aquí.
Regulamento aprobado polo Pleno o día 28 de Decembro de 2001 e publicado no Boletín Oficial de Pontevedra o 3 de Abril de 2002 e modificación do mesmo aprobada en Pleno o día 25 de Abril de 2003 e publicado no BOP do 8 de Agosto de 2003.
Modificación do regulamento aprobada en Pleno o día 26 de Febreiro de 2010 e publicada no BOP de 9 de Xuño de 2010.
Moldelo para poñer unha reclamación formal ó servizo de biblioteca.
Descargar programa radio Dia do Libro 2015 (67 MB)
Descargar programa radio Dia do Libro 2014 (50 MB)
Descargar programa radio Dia do Libro 2013 (150 MB)
Listado dos libros que recibimos por gañar un dos premios do Mª Moliner na convocatoria do 2013
Axenda
Clube de lectura
Como vén sendo habitual desde o seu comenzo, o Club de Lectura da Biblioteca de Caldas de Reis, arrinca a súa nova tempada. Aquelas persoas que estén interesadas poden vir polo centro a solicitar información. De todos xeitos, cómpre dicir que se trata de ler ao mesmo tempo unha mesma obra e posteriormente, comentala e debatila amigablemente. As reunións realízanse na biblioteca o último xoves de cada mes tras pechar a biblioteca, sobre as oito e media da tarde. O libro é proporcionado pola biblioteca e a actividade é completamente gratuita para o usuario. Só precisa ter ganas de ler.! A primeira reunión desta tempada será a finais de outubro e xa está na biblioteca o libro que leremos titulado Crímenes exquisitos de Vicente Garrido e Nieves Abarca.
O club de lectura está formado por un grupo de persoas que len ó mesmo tempo unha obra concreta- das que a biblioteca presta un exemplar a cada membro do club- e celebramos reunións mensuais para comentar as lecturas.
OBXECTIVO: Pretendemos que os participantes disfruten da lectura no seu tempo de ocio e posteriormente disfruten compartindo cos outros integrantes do club a súa visión da obra. A participación está aberta a todos coa posibilidade de unirse en calquera momento á actividade.
Solicitude de CarnÉ
Para obter o carné de lector é preciso
-Presentar o DNI
-Entregar unha fotografía tamaño carné ou fotocopia en cor dunha fotografía.
-Cubrir un formulario cos datos persoais.
>>
Solicitude carné biblioteca
-Se eres menor de idade o teu pai / nai ou titor deberán cumplimentar e firmar unha autorización.
>>Solicitude carné biblioteca menores
Unha vez cumprimentado o formulario ( por favor, con letra clara) deberá entregalo na biblioteca.
Os carnés entréganse semanalmente os venres
BuzÓn de suxeSTIÓNS
A Biblioteca Municipal no seu afán de mellorar o servizo ós usuarios anima a que estos fagan as suxestións que crean oportunas sobre os servizos, adquisicións, etc.
BoletÍn de Novidades
Boletín novidades xaneiro 2015
Boletín novidades decembro 2014
Boletín novidades novembro 2014
Boletín novidades outubro 2014
Boletín novidades setembro 2014
Boletín novidades xaneiro 2014
GuÍas de lectura
Documentos feitos pola Biblioteca co gallo dalgunha actividade.
Bos consellos para ler enfamilia
Biblioteca virtual