Inicio | Situación | Datos Básicos | Administración
 
Rueiro       | P .X .O. M.       | Medio Ambiente
| Perfil do Contratante |

 

Vivir Caldas | Invertir en Caldas | Traballar | Soñar Caldas | A Estancia | Cultura Quente | Axenda

 

Soñar Caldas

Un proxecto de transformación de Caldas de Reis

"Só as obras cargadas de tradición están cargadas de futuro"

Valle Inclán

 

Obxetivo estratéxico:

A transformación de Caldas de Reis na vila termal de Galicia, acolledora e dinámica

Cinco estratexias para un obxetivo:

1.    Unha aposta urbana: CALDAS SOSTIBLE

2.    Unha aposta vertebradora: CALDAS TERMAL

3.    Unha aposta territorial: CALDAS EN GALICIA

4.    Unha aposta cualitativa: CALDAS ACOLLEDORA

5.    Unha aposta participativa: CALDAS QUENTE!

 

 

1. Unha aposta urbana: CALDAS SOSTIBLE
Caldas debe asumir claramente o seu carácter urbán e polifuncional, e potencia-lo desenrolo integrado das súas potencialidades residenciais, turísticas, comerciais e industriais, mellorando a súa integración co entorno rural e protexendo os seus recursos históricos e naturais.

Proxectos:

Caldas, vila termal, vila xardín, vila fluvial.   
Programa de recuperación do patrimonio urbano, histórico e natural.

Caldas, unha vila para vivila.  
Programa de calidade urbana e residencial. 

Caldas, parque empresarial.
Programa de desenrolo do solo industrial.

Caldas, centro comercial urbana. 
Programa de dinamización do comercio no centro urbán. 

Caldas, reserva rural. 
Programa de ordenación e mellora do entorno rural e forestal.

 

2. Unha aposta vertebradora: CALDAS TERMAL
As augas termais deben vertebrar, persoalizar e cualifica-lo novo desenrolo urbán de Caldas, aproveitando o rexurdir do termalismo en toda Europa. Por iso é preciso desenrolar unha oferta integral de turismo de saúde e apostar por productos termais innovadores, cualitativos e competitivos.

Proxectos: 

Caldas calidae.   
Plan de protección integral dos acuíferos termais. 

A Tafona, o novo barrio termal. 
Creación dun novo espacio urbana, turístico e residencial. 

O Centro Termolúdico.   
A locomotora do proxecto integral de desenrolo urbán. 

Caldas, a corpo de reis.   
Renovación da oferta balnearia, hotelera e de restauración. 

Caldas, punto de encontros. 
Potenciación do turismo de congresos e convencións saudables. 

 

3. Unha aposta territorial: CALDAS EN GALICIA
Caldas debe aproveita-la súa situación xeográfica e a súa boa conectividade territorial para resituarse no conxunto de Galicia, xogar un papel especializado como vila termal e recreativa, e atrae-la localización de novas persoas, empresas e equipamentos.

Proxectos: 

Caldas, capital comarcal. 
Potenciación de infraestructuras e servicios de carácter comarcal.

Caldas,  denominación de orixe. 
Implicación na oferta turística das Rías Baixas.

O Camiño ferve en Caldas. 
Promoción de Caldas como vila termal do Camiño de Santiago. 

Caldas, vila termal do Eixo Atlántico.
Potenciación da situación de Caldas no Eixo Coruña - Oporto.

Thermaios, rede europea de cidades termais.   
Un proxecto innovador de desenrolo do termalismo en Europa.

 

4. Unha aposta cualitativa: CALDAS ACOLLEDORA
Caldas debe recuperar de forma sistemática a calidade estética e ambiental da súa paisaxe urbana, e persoaliza-lo seu entorno con propostas armónicas e sorprendentes que faciliten a comunicación e a vida cidadá. 

Proxectos:

Benvid@.  
Programa de información e acollida a Caldas.

Caldas, "Quen te víu e quen te ve". Campaña de mellora da paisaxe urbana. 

De estradas a rúas.
Humanización do centro urbano coa nova variante.

Kaldarte. 
A vila das sensacións pola creatividade.

Caldas, precios saudables. 
Hacia unha política de prezos integrados e asequibles.

 

5. Unha aposta participativa: CALDAS QUENTE!
Caldas debe fomenta-la cultura do desenrolo, do emprego e do medio ambiente, da educación e a atención social, da creatividade e a solidaridade. Esta é a única garantía de desenrolo a longo prazo.

Proxectos:

Cultura Quente. 
Un festival que reventa a monotonía. 

Bandeira Verde - Cidade Sostible.
Programa de  calidade ambiental, consumo responsable e reciclaxe. 

Caldas pola cultura da paz.   
O compromiso colectivo cos valores do novo milenio.

Caldas, fonte de emprego. 
Iniciativa, innovación e inversión para xerar nova ocupación. 

Caldas,  cidade cordial 
Solidaridade e complicidade interxeracional. 

 

 

>>> Propostas

 
   



 

 
   



 

 
       
   


 
       
   


 
       
   


 
       
   


 
       
   


 
       

LYC Servicios Informáticos

Inicio | Situación | Datos Básicos | Vivir | Invertir | Traballar | Soñar | A Estancia | Cultura Quente | Axenda

®Rexistrada no 2004