|
Festival Cultura Quente 2010: do verbo camiñar - PROGRAMA Ver artistas y proyectos seleccionados
1998: Pola
participación e o compromiso
2008: Dialogo Intercultural Juan Manuel Rey Rey Máis Información na páxina www.culturaquente.com Información: Celina
Reguera. Caldas organiza no mes de xullo, dende 1998, o Festival Cultura Quente, un espacio alternativo para promove-la idea de cultura viva, comprometida e participativa, onde a tradición e os novos territorios da cultura se comprementan. Cultura Quente – 2007 Caldas 10 Os caldenses estamos de celebración, o Festival Cultura Quente cumple a súa décima edición. A poboación caldense enseguida soubo ver o espíritu do festival, e gracias a todos hoxe Cultura Quente é imaxe de marca en todo o país. Gracias ao festival poidemos disfrutar de actividades e sensacións que nunca se conseguirían en Caldas se non fose polo Cultura Quente. Por destacar parte dos logros realizados podemos nomear a exposición de carteis orixinais de Picasso, cedida pola Deputación de Barcelona e o Museu de Caldes de Monbui, o apoio de persoas como Hebe de Bonafini, presidenta da Asociación Madres de la Plaza de Mayo; o periodista arxentino Julio Lagos (premio Ondas 2000, e Premio Internacional de Periodismo Rey de España, entre outros). No ano 2000 o festival foi declarado “Acto emblemático da Cultura da Paz”, pola UNESCO, co apoio e a visita de Dona Almudena Mazarrasa (Coordinadora do Ano Internacional Cultura de Paz – UNESCO e embaixadora de España na República Dominicana) Máis de cincoenta ONGs levan apoiando o festival, máis de 150 agrupacións musicais, tanto de primeiro nivel como de músicos independentes, e máis de 200 artistas estiveron nas nosas rúas e nas salas de exposicións, coas súas obras comprometidas e vangardistas. O desparecido pintor Camilo Otero así como o recoñecido artista Rafael Masiá, e a artista María Viñas cedéronnos a súa obra para o cartel. Escritores, músicos, magos, actores, deportistas, poetas, periodistas, son o elenco de luxo que están facendo de Caldas un lugar moderno de cultura, ocio e encontro. Máis de 150.000 persoas participaron xa no Cultura Quente, que co recoñecemento de tódolos medios de comunicación, e as revistas especializadas colocan ó festival nun punto de encontro dos máis importantes do noso país. As tres Universidades galegas, entidades públicas e privadas así como as asociacións do municipio están a tomar parte no festival, porque a participación é un dos obxectivos principais. Iste é o balance do éxito o Festival Cultura Quente, que nace como unha manifestación singular de expresión e compromiso, para implicar a tódolos sectores sociais nun proxecto de desenvolvemento local; e iso é o que estamos a acadar co esforzo e a ilusión de todas e todos. Seguiremos traballando para reafirmar a nosa condición de vila termal solidaria, participativa e aberta, e nesta décima edición o festival asume novamente o reto de comprometerse cos máis inquedos e preocupados polo benestar, as novas manifestacións da cultura, os xoves e o desenvolvemento local. 10 ANOS - 10 COMPROMISOS Cada edición do Festival Cultura Quente centra as súas accións sobre un eixe vertebrador. O Festival ten discurso propio, sendo o altavoz para causas solidarias e de interese cultural. 10 ESTRATEXIAS E ACCIÓNS 1.- Continuar presentando unha oferta cultural puntual de gran nivel que estimule o intercambio cultural e incentive os procesos e prácticas culturais. 2.- Integrar á sociedade civil nun proxecto global para potencia-la imaxe da poboación e para xenerar novas expectativas de crecemento e calidade de vida. 3.- Converti-la difusión e potenciación da cultura comprometida e participativa nun dos eixes fundamentais de desenvolvemento social no conxunto de Galicia. 4.- Potenciar aquelas manifestacións culturais e equipamentos públicos existentes en Caldas de Reis para dinamiza-lo seu disfrute e o seu uso. 5.- Asumir claramente o carácter urbano e polifuncional, potenciando o desenvolvemento e as súas potencialidades. 6.- Desenvolver unha oferta integral de saúde e promoción económica 7.- Aproveitar a situación extratéxica de Caldas e a súa boa conectividade territorial para xogar un papel especializado como vila termal, acolledora e dinámica. 8.- Apostar de forma sistemática pola calidade estética e ambiental personalizando o entorno con propostas armónicas que faciliten a comunicación cidadá. 9.- Garantir o desenvolvemento a longo prazo a través da participación, a solidariedade e a complicidade interxeracional. 10.- Crear hábitos de consumo cultural no conxunto de Galicia para as novas manifestacións culturais, diversificando a oferta existente e abrindo a programación a novas ideas e estéticas. CALDAS 10 - 10 MESES DE CULTURA Dende os meses de febreiro ata novembro serán 10 meses de actividade cultural en Caldas. Unha programación cultural chea de contido e pensada para tódalas idades. A música, o teatro, a poesía, a arte, o debate social, a solidariedade, o deporte, o cine, a tradición e a formación serán os puntos de interese para os vindeiros meses. Baixo o lema CALDAS 10 presentarase tamén o propio festival, coma sempre no mes de xullo, e a edición diste ano estará adicada a celebrar o décimo aniversario, e será o recoñecemento a tódalas persoas e entidades que apostaron por iste soño que hoxe é xa unha realidade denominada Cultura Quente.
|
>>> Imaxes |
|||
![]() |
||||
![]() |
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
|
||||
|
Inicio | Situación | Datos Básicos | Vivir | Invertir | Traballar | Soñar | A Estancia | Cultura Quente | Axenda |
®Rexistrada no 2004 |